Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

22 sept. 2013

MAIS O OUTONO CHEGOU




Agora que é Outono, miña amiga,
miña amante e sinxela compañeira,
habémonos chegar deica a ribeira
onde a brisa deixou unha cantiga.

E que sexa Outono quen nos diga
os segredos que ten a sementeira,
como se foi espindo a carballeira
e que promesas granarán na espiga.

Nós sabémonos puros e cumpridos
ao sentirnos tan un e tan xunguidos
nesta pasiaxe lene e musical.

¿Non lembras, en Outonos xa vividos,
ao río retratar no seu cristal
os soños que coidábamos perdidos...?

Manuel María, Poemas ao Outono

1 comentario:

  1. Actividades para pór en común na aula o xoves 26 de setembro previa realización individual e por escrito no caderno:

    1. A quen se dirixe o eu poético?
    2. Que é o que caracteriza o Outono como estación?
    3. Que significa o Outono en relación ao poeta e a destinataria do poema?
    4. Que composición estrófica é? Por que?

    ResponderEliminar