15/04/12

E QUE NOS CONTAN @S FUTBOLEIR@S?

Se cadra moit@s de vós estivestes pendentes do partido de hoxe entre o Celta e o Deportivo. Eu xa adianto que non o vin, mais fun intuíndo o resultado favorábel ao Dépor polo número de foguetes e bombas de palenque...

Déixovos este enlace a un número extraordinario do xornal De Luns a Venres, centrado neste evento futbolístico de máxima expectación (non sei se só por cuestións deportivas...): 
http://www.galiciae.com/pdf_files/15042012compendio_4.pdf

 Agora toca revisar a información e o tratamento que dela fan os diferentes medios de comunicación, mais gustaría moito de saber a vosa resposta a esta pregunta:

* Como valoras ti este partido de fútbol entre o Celta e o Deportivo?

2 comentarios:

  1. Adriana Velo19/04/12, 07:33

    Bueno...xa vexo que os futboleiros non contan nada, contan despois na clase, e a berros!! que me poñen a cabeza coma un bombo jajajaja

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mercedes Queixas19/04/12, 09:30

      Descoida, Adriana, é que che están a facelo, voluntariamente, todos e por escrito, como propuxen na clase. Non che perden o tempo en rexoubas...

      Eliminar

DESPEDIDA