Continuamos a xeira de entrevistas a galegas de adopción e agora tócalle a quenda á nosa visita máis recente e descuberta musical: Paulina Ceremuzynska.
Desde 3º A, Uxía Cancela e Carla prepararon esta entrevista coa musicóloga e investigadora medievalista do noso corpus cancioneiril que agora toca partillar con todas vós, visitantes ilustres deste blog didáctico.
Deixámosvos coas palabras de Paulina!
1. Onde vives actualmente?
En Santiago. É case a única cidade galega que non está destrozada en canto a paisaxe.
2. Cando
foi a primeira vez que viñeches a Galiza?
Vin
por primeira vez no 2000, aos Cursos de Galego para Estranxeiros,
organizados pola USC.
3. Cal foi a túa primeira impresión de nós?
A
xente pareceume moi amigable. Xente que non me coñecía de nada
axudábame desinteresadamente. A hospitalidade paréceme una das
cousas máis características e valiosas da sociedade galega.
4. Que
botas en falta de Varsovia?
Sobre
todo a vida cultural, teatros, concertos. O decididas e concretas que
son as persoas. Nada desta inmobilidade de “ir tirando”, de “a
ver que pasa” de “éche o que hai”. As casas ben construídas e
quentes no inverno. O aprecio cara á cultura propia.
5. Cal
é a túa lingua inicial?
A
miña lingua materna é o polaco. Teño sorte de criarme e falar unha
lingua que non está en perigo, que non é “cooficial”, que nunca
tiven que poñer en dúbida.
6. Que
outros idiomas falas?
A
parte do polaco e galego, falo inglés, castelán, francés e ruso
(explicando por se acaso, o ruso é en Polonia unha lingua
estranxeira, aprendina nas clases como inglés). Tamén sei latín
(pero non o falo), e polo galego entendo bastante ben o italiano,
sobre todo escrito. E entendo perfectamente o portugués, tamén polo
galego, claro.
7. Cando
e onde aprendiches o galego?
Empecei
apréndelo na Universidade de Varsovia, no lectorado de galego (en
Polonia hai tres lectorados de galego, os outros están na
Universidade de Cracovia e de Lublin). Cantaba as cantigas e por iso
intereseime pola lingua, para poder cantar mellor este repertorio.
8. Resultouche
moi dificultoso?
Non,
o galego obxectivamente non é unha lingua difícil. A gramática é
doada, e na pronuncia o único difícil que ten son as vogais abertas
e pechadas (custoume dous anos empezar a diferencialas!). Por exemplo
o inglés é moito máis difícil e ten moitas máis vogais. O
difícil do galego é entender a intención do que fala, o que quere
dicir co que di. ;)
9. Desde
cando interpretas profesionalmente o noso cancioneiro medieval
galego?
Dende
o ano 1998.
10. Que
te levou a escoller este corpus musical?
A
súa beleza. Foi un namoramento dende a primeira escoita. É o que
ten a verdadeira arte. Namóraste.
11. Algunha
vez te sentiches discriminada ao te expresares en galego?
Houbo
intentos. Digo intentos, porque a xente sabe que son estranxeira, que
son “estudiosa das cantigas”, que non son emigrante económica, e
polo tanto élle moito máis difícil facelo. Tamén ao non ser o
galego a miña lingua materna, non me sinto tan vulnerable como se me
discriminaran por falar en polaco. Pero si houbo algunas situacións
que me molestaron moito, foi cando veu miña nai a visitarme. Facendo
compra empezamos a falar cunha persoa que nos atendía e miña nai,
querendo ser amable con ela, intentou dicirlle unha cousa sinxela en
galego (ou sexa, falarlle na súa lingua!). Esta persoa nisto dime de
repente: “pero muller, apréndelle castelán, que lle vas aprender
galego!”. Ou sexa, tratou á miña nai como unha persoa que non se
sabe valer nin decidir por si mesma, que supostamente non ten
educación. Nunca máis volvimos a este comercio, miña nai e eu
enfadámonos moito. Despreciar a lingua propia parécenos cousa de
ignorancia e de falta de cultura. É un prexuízo daniño que seguen
os ignorantes, como cando a xente pensaba que ser zurdo ou ter pel
negra era cousa do demo.
12. Que
significa para ti o galego?
Sodes
vós, se non existe, deixaredes de existir como pobo.
13. Como
ves a nosa lingua na actualidade?
Se
non se fala, desaparece.
Que boa pinta ten esa actividade con Paulina Ceremuzynska! Parabéns, Mercedes! Se cadra, para o curso que vén, poderiamos intentar contactar con ela desde o Fogar para que se animase a un encontro cos nosos rapaces.
ResponderEliminarXa falaremos.
Un saúdo
Carlos
Que boa pinta ten esa actividade con Paulina Ceremuzynska! Parabéns, Mercedes! Se cadra, para o curso que vén, poderiamos intentar contactar con ela desde o Fogar para que se animase a un encontro cos nosos rapaces.
ResponderEliminarXa falaremos.
Un saúdo
Carlos
Foi estupenda!!! Altamente recomendada!!! Imperdíbel!!!
ResponderEliminarSaúdos tamén para ti.
Mercedes
Imos con moitos prexuízos, tamén. Paulina deume clase hai anos, e o primeiro día de aula eu faleille castelán porque sabía que era polaca e intuín que non sabería galego. Cando me falou nese galego tan correcto e fluído caín na conta do meu prexuízo. É incrible, sempre a poño como exemplo.
ResponderEliminar