28/02/17

DÍA DE ROSALÍA

Imposíbel deixar pasar por alto o 24F, Día de Rosalía, malia cadrar ao celebración do entroido.

Adiantámonos un pouco no calendario e repartimos versos da nosa poeta a eito, por todos os recunchos do noso centro.

Grazas a todas as compañeiras e compañeiros dos diferentes cursos que nos axudaron na escrita de tantos versos e a Bianca, Adriana, María, Cristina, Ylenia, Leticia e Samantha que participaron no reparto para que ninguén quedase sen o seu agasallo especial do día.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA