14/02/17

ILUSTRAR A ESCRITA: DE XOSÉ COBAS A XABIER P. DOCAMPO

 
 
O pasado venres 10 de febreiro o alumnado de 2º e 3º de ESO achegouse ao Kiosco Alfonso da Coruña para coñecer a exposición compiladora dos últimos 30 anos do traballo de ilustración desenvolvido por Xosé Cobas.

Acompañounos no percorrido o escritor Xabier P. Docampo, autor de moitos libros ilustrados pola creatividade de Xosé Cobas.
 
 
 
Unha oportunidade única para admirar en conxunto a simbólica obra gráfica de Xosé Cobas e descubrir como é o traballo de creación conxunta, de texto e imaxe, dos dous creadores. 

O noso agradecemento aos dous por nos atenderen tan xenerosamente!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA