06/02/17

21 DÍAS CO GALEGO


O IES da Pobra do Caramiñal volve pór en andamento o proxecto educativo coñecido como "21 Días co Galego", dirixido ao seu alumnado.

Nesta ocasión, este proxecto de marcado carácter sociolingüístico, quere ser tamén unha homenaxe colectiva e lectora ao escritor Agustín Fernández Paz.

Non imos deixar pasar por alto esta magnífica oportunidade de nos achegar á súa inmensa obra grazas aos fíos que nos propoñen os seus lectores e lectoras.

E a ti...de que obra(s) de Agustín Fernández Paz gustaches especialmente? Que títulos quedarán para sempre gravados na túa memoria?

1 comentario:

  1. Moitas grazas pola difusión. Esperamos que vos gusten. Saúdos.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA