Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

11 oct. 2012

PONTE LUBIÁN

Andamos a voltas co texto expositivo nas aulas de 3º. Xa sabemos da importancia de estruturalo correctamente para transmitir a información de xeito ordenado e ben cohesionado.

O compañeiro Francisco, "Fran" para os colegas de clase, preparounos este texto sobre a Ponte Lubián, que tamén nos expuxo oralmente.

Velaquí vos queda agora o seu traballo para que non esquezamos nunca máis a importancia desta peza fundamental do patrimonio histórico que conservamos no noso concello.

Ah! Por certo! Houbo un pequeno problema ao subir o documento. Descolocáronse os parágrafos e non hai quen entenda moito todo isto, así que a partir de aquí comezan os vosos deberes de fin de semana longa.

Quen ordenará primeiro a información para que luza en todo o seu esplendor o traballo de Fran?



PONTE LUBIÁNS
Ao cruzala atopámonos cun paseo que bordea o río,poboado por Árbres autóctonas É, xunto coa Torre de Nogueira, o monumento que figura no escudo do concello de Coristanco.

A Ponte Lubiáns atópase entre os termos municipais de Carballo e Coristanco, no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca.

A lonxitude da Ponte Lubiáns é de 40 metros , alcanza os 2,60m. de anchura, o que a converte nunha das pontes galegas máis estreitas, e mide 5,40 de altura.

Orixinariamente, a ponte tiña cinco arcos, mais na actualidade só conserva catro, todos eles asiméticos, e está atravesada por un tallamar triangular na parte central.

Esta ponte catalogada de alto valor histórico, serviu como vía de comunicación a persoas e carruaxes ata a construción da Ponte Nova, situada uns metros máis abaixo e por onde pasa actualmente a estrada que comunica A Coruña con Fisterra.

Foi construída polos romanos no século I, aproveitando que por aquí cruzaba unha calzada romana coñecida como per loca marítima, que partía de A Coruña ata Fisterra, co obxectivo de facilitar o paso polo río Rosendo, facendo de punto de unión entre os concellos de Carballo e Coristanco.


1 comentario:

  1. O primeiro é o segundo
    O segundo é o sexto
    O terceiro é o quinto
    O cuarto é o cuarto
    O quinto é o terceiro
    O sexto é o primeiro

    ResponderEliminar