Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

3 oct. 2012

O PARTIDO DO CORISTANCO EN CLAVE OBXECTIVA OU SUBXECTIVA?


Velaquí a proposta que elaborou Álvaro Mol, compañeiro de 4º, como exemplo de texto redactado desde unha perspectiva obxectiva e/ou subxectiva.

Esqueceu identificalos, así que vós diredes cal é cal? E, xa sabedes, sempre con argumentos!

TEXTO 1
O Coristanco disputou un encontro amistoso fronte ao Deportivo, este encontro disputouse en Abegondo ante a presenza de 3872 espectadores.
O encontro saldouse con un 0-4 a prol do equipo visitante, con goles de: Toniño (3) e Valerón (1) en propia porta.
Este encontro prodúcese a semana e media para dar comezo as ligas destes dous equipo. Aos dous aínda lles quedan encontros por disputar, a ambos fora da casa e fronte a equipos da 2º división.

 TEXTO 2
O Coristanco disputou un magnifico encontro amistoso fronte ao histórico Deportivo, este encontro disputouse nas pésimas instalacións de Abegondo ante a presenza dun publico abundante de 3872 espectadores.
O encontro saldouse con un claro 0-4 a prol do equipo visitante, con goles de: Toniño (3), os 3 moi bos remates emulando ao gran Tuli e Valerón (1) en propia porta, isto foi devido a un fallo clarísimo de atención.
Este encontro prodúcese a unha escasa semana e media para dar comezo as complicadas ligas destes dous equipos. Aos dous aínda lle quedan encontros clave por disputar, a ambos fora difíciles partidos fora da casa e fronte a duros equipos da 2º división.

5 comentarios:

  1. Parece que Álvaro cumpriu e non hai faltas de ortografía.
    O texto 1 é o obxectivo e o 2 o subxectivo.

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas4/10/12 11:47

    Perfecto, Irene, mais pregúntome eu: e por que?

    ResponderEliminar
  3. Félix Viqueira4/10/12 11:48

    Estou de acordo con Irene, o texto 1 é obxetivo e o texto 2 subxetivo.
    Xa que no texto 2 empreganse adxetivos como
    "Magnifico, escasa, complicadas..." que indican a subxetividade do texto.

    ResponderEliminar
  4. Mercedes Queixas4/10/12 13:26

    Moi ben argumentado, Félix!

    ResponderEliminar
  5. Jose Souto7/10/12 7:57

    O texto está moi ben, xa que nos axuda a comprender as diferenzas entre obxectividade e subxectividade. O peor é que escapou por aí algunha falta de ortografía.

    ResponderEliminar