Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

14 may. 2013

DE VOLTA DO CORRELINGUA

O entrenador do Deportivo saudounos a todos os centros participantes no Correlingua

Encantadísim@s un ano máis de ter participado no Correlingua da Coruña!!! O ano próximo voltaremos!!!

Agardamos pola reportaxe fotográfica da xornada, mais mentres tanto podemos seguir escoitando o grupo musical que nos acompañou: Monoulious, gañador do concurso Cantalingua 2013. 

Fica convosco!!!

2 comentarios:

  1. Moitas grazas, Mercedes, por esta marabillosa saída educativa e parabéns para os centros educativos gañadores do Correlingua; xa que aínda que nós non gañamos non se pode dicir que non foi por intentalo, aínda que ben é certo que o importante é participar e pasalo ben (e isto si que o fixemos!). jose 4º

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas21/5/13 2:02

    O voso traballo foi magnífico, Jose. Só pode haber un centro gañador, mais o que realmente conta é a participación e a colaboración do colectivo, efectivamente. Sen o esforzo colectivo ningunha iniciativa pode nacer e avanzar.
    Parabéns ao alumnado colaborador de 3ºA, 3ºB e 4º pola súa creatividade, entrega e capacidade de traballo, incluso nos recreos e no tempo libre!!!

    ResponderEliminar