24/05/13

AS MEIGAS DE LUPA TRÁENNOS UNHA SORPRESA MUSICAL

Aínda lembramos a lectura d´As meigas de Lupa, a novela de María Solar. E tamén lembramos a tertulia coa autora, onde descubrimos como se foi xestando esta historia, como entronca coas propias vivencias persoais da autora, como foi o proceso de asesoramento e investigación histórica sobre a cultura castrexa... 



Imposíbel esquecelo! Mais agora a sorpresa de saber que se acaba de dar a coñecer a Banda Sonora do libro vólvenos aos tempos de Lupa. A ver que vos parece esta sintonía creada por David Alonso Garzón intitulada "O soño de Lupa".


Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA