Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

2 may. 2013

BENVIDO SEXAS MAIO!

A piques de comezar o estudo da obra de Manuel Curros Enríquez en 3º de ESO, os seus versos axúdannos a recibir este mes de maio que xa nos bateu na porta...

Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.
 

Tamén podemos seguir a lectura acompañándoa da versión musical de Emilio Batallán


No hay comentarios:

Publicar un comentario