Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

16 feb. 2013

ROSALÍA DE CASTRO (9)

A poeta coruñesa Estíbaliz Espinosa recita neste vídeopoema o poema de Rosalía de Castro...

Unha vez tiven un cravo

Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentóu,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madanela na Pasión.
“Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-,
dáime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.
E doumo Dios, arrinquéino.
Mais…¿quén pensara…? Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era delor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltóu,
e seica..., seica tiven soidades
daquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor!…

Rosalía de Castro
(Follas novas, 1880)




2 comentarios:

  1. Anónimo17/2/13 8:11

    Este poema é fermosísimo e con el podemos observar que a obra de Rosalía abarca todo tipo de contidos. jose 4º

    ResponderEliminar
  2. Eu estou dacordo co meu compañeiro José.
    A min este poema fixome temblar e ata parecia que sentía o que pasou Rosalia

    ResponderEliminar