Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

3 feb. 2013

NOVA PARADIÑA VIAXEIRA DESCUBERTA

Félix Viqueira, compañeiro de 4º, descubriu por onde andabamos estes días. Parabéns agradecidos por estar sempre coa mochila disposta para ilustrarnos as viaxes!




Imos ler o que nos conta:

Este é o faro do Cabo Vilán, que se encontra na Costa da Morte, máis concretamente en Camariñas. 

É o faro eléctrico máis antigo de España e sinala un perigoso tramo da Costa da Morte, que, debido ás súas zonas rochosas e escarpadas, foi declarada no 1933 zona de Interés Nacional.

1 comentario:

  1. Vou a completar un pouco a información sobre este faro:
    Está situado nunha das zonas máis perigosas da Costa da Morte, a 105 metros de altura sobre o nivel do mar. Substitui en 1896 o faro anterior, que funcionaba desde 1854 a vapor, foi o primeiro en España en empregar a enerxía eléctrica.O Cabo Vilán foi o escenario de numerosos naufraxios. O máis famoso foi o de "Serpent", buque-escola da Mariña Real Inglesa que naufragou o 10 de novembro de 1890, causando 172 víctimas e solo 3 supervivintes. Os corpos recuperados se enterraron nunha zona próxima chamada como " O cemiterio dos ingleses".
    Espero así deixar as ideas máis claras con estos pequenos detalles.

    ResponderEliminar