Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

5 nov. 2012

VITAMINAS PARA O GALEGO

Tod@s @s falantes somos deboradores de lingua. Apreixamos as palabras, mastigámolas e empregámolas para comunicar pensamentos, emocións, medos, risadas...

Mais, @s falantes nunca somos quen de apañarmos todas as palabras existentes na extensa leira galega, sempre hai algunha que agroma nova para nós e nos obriga a procurar o seu significado e uso correcto.

Imos logo inxectarlle tamén nós vitaminas ao noso galego colectivo

Como? Que podo facer eu?


Moi simple: cada un/unha de nós recolle unha palabra no momento de descubrila por vez primeira e anótaa aquí como un comentario. Finalmente, decatarémosnos de canto léxico nos queda por descubrir e aprender. 

Reparade ben na ilustración de Luís Davila, que é ben aclaratoria, non si?

Eu voume lanzar coa primeira palabra que hai un tempo me chamou a atención: fervellasverzas (e non ando a pensar en ninguén, eh!)

5 comentarios:

  1. Judith 3ºA6/11/12 7:48

    A min chamoume a atención unha palabra dende que era pequena: "desparafusador".
    De verdade que é unha palabra moi curiosa!

    ResponderEliminar
  2. Tomamos nota desta primeira palabra curiosa para aprender, Judith!

    ResponderEliminar
  3. Félix Viqueira10/11/12 8:47

    A min unha palabra que sempre me chamou a atención é chisqueiro.

    ResponderEliminar
  4. Félix Viqueira14/11/12 12:37

    Engado outra que me acordou jaja, tratase de estumballar.

    ResponderEliminar
  5. Nuria 4º1/12/12 7:58

    Para min unha palabra moi curiosa é rexoubar.

    ResponderEliminar