Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

5 nov. 2012

III DÍA DA CIENCIA E TECNOLOXÍA EN GALEGO


Hoxe 5 de novembro celébrase o III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.


Este ano dedícaselle atención especial a Leonardo da Vinci e Ramón Verea. Por que será? Cal foi o seu papel no desenvolvemento da ciencia?

Por que se celebra este día? En que ano naceu esta necesidade?

Quen nos deixa por aquí algún apuntamento?

2 comentarios:

  1. Verónica6/11/12 12:48

    Boas Mercedes,
    1ª PREGUNTA: Porque ambos eran científicos, e crearon moitos inventos.

    2ª PREGUNTA: Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas de anatomía, a enxeñería civil, a óptica e a hidrodinámica.
    Ramón Verea foi o inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.

    3ª PREGUNTA: O obxectivo principal destes dias é o de mostrar que a lingua galega é útil para facer ciencia e, no entorno escolar, para impartir as materias científico-técnicas.


    4ª PREGUNTA: Celébrase desde hai tres anos, concretamente no ano 2010, dende o 16 de outubro ata o 5 de novembro.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben, Verónica! Aínda así falta algún dato importante que explica o nacemento desta data. A ver se alguén máis nolo completa, vale?

    ResponderEliminar