É ben sabido que o galego, a nosa lingua oficial e propia, está ausente en moitos usos ocupados (case)exclusivamente polo castelán. Parámonos a pensar algunha vez en cal é a lingua das lápidas?
Lápida da tumba de Álvaro Cunqueiro en Mondoñedo |
Reparemos neste artigo do xornal El País e logo observemos ao noso redor, na nosa parroquia. Que acontece?
Paréceme unha gran tontería iso de "castellano, el idioma de la eternidad que relevó al latín en la boca de los curas como lengua que Dios escucha." Non son creente, pero parece unha idea totalmente absurda a de que Deus só escoita o castelán...
ResponderEliminarO alumnado de 3º está preparando un traballo de campo sobre este tema, baseado na observación da lingua do seu cemiterio parroquial. A ver a que conclusións chegamos, porque sendo esta zona eminentemente galegofalante, que lingua podería agardarse que nos recordarse para sempre gravada nunha lápida?
ResponderEliminar