Quen dixo que o galego non é universal?
Aínda hai quen non saiba que a historia do pobo galego se construíu ao redor do mundo?
Como explicarmos que unha moza serbia cante no programa "Ja imam talenat" da televisión serbia dúas cancións galegas tan sonoramente coñecidas como "Lela", de Castelao e mais "Negra sombra" de Rosalía de Castro?
Que vos parece? Estamos de moda no mundo ou non?
Ollade o vídeo, con especial atención a partir do minuto 4 e veredes como este noso blog é unha auténtica caixa de sorpresas...
É xenial que o noso son chegue ata Serbia! non lle entendo nada do que lle dia ao xurado, pero gustaríame saber como lle chegou esa canción a esa rapariga :D
ResponderEliminaro galego è xenial chega ata Serbia.(iván v 3ºa)
ResponderEliminarO galego cruza fronteiras!!
ResponderEliminar