Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

7 dic. 2016

DAS IRMANDADES DA FALA AO PARTIDO GALEGUISTA

Nas aulas de 4º ESO comezamos a descubrir a lingua e a literatura do primeiro terzo do século XX. É por iso que debemos centrarnos no labor das Irmandades da Fala, agora que estamos a piques de pechar o ano 2016 en que celebramos o seu centenario, e mais tamén do Partido Galeguista, que cumpre 85 anos precisamente nestes días, desde aquel 6 de decembro de 1931.

Mais non é posíbel comprender a importancia e trascendencia dos seus proxectos e dos seus protagonistas sen coñecer as oportunidades e debilidades dun tempo do que, sínda que nos quede lonxe, somos herdeir@s.

Imos entrar na intrahistoria dos nosos días grazas ao retrato que este vídeo de Xan Leira nos ofrece.



No hay comentarios:

Publicar un comentario