28/11/13

ENCONTRO COA ESCRITORA MARÍA SOLAR



Hoxe comezamos a mañá dun xeito ben diferente ao habitual. Mudamos a aula convencional de 3ºA e 3ºB pola Sala de Usos Múltiples para recibir a María Solar, a creadora da novela As meigas de Lupa, publicada por Edicións Xerais, que nos fixo cabalgar entre o século I e XXI coa rexa e valente Raíña Lupa como compañeira de viaxe.



Unha conversa con María Solar que tamén resultou diferente, pois descubrimos como a experiencia da escrita se foi achegando a ela desde a adolescencia até esta última publicación que tantas alegrías máxicas lle leva dado. Como senón se pode explicar que alguén a quen non coñecía a autora, como David Alonso Garzón, decida crear unha banda sonora de auténtico cine para o teu libro?










Aínda que continuaremos a escoitar esta banda sonora tan fermosísima e acaída á evolución da novela, imos deixar por aquí o enlace ao tema principal desta bada sonora que se titula "O soño de Lupa".

Moitas grazas, María, por nos acompañares hoxe para partillares conosco o pracer da lectura, da procura de historias máxicas que agardan por nós na casa, na familia e no contorno máis próximo, e da escrita!

7 comentarios:

  1. Pareceume un moi bo encontro, aparte de explicar o libro é moi simpática. Así máis todos os días! jaja

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas28/11/13, 11:52

    Vale, pois repetimos sen problema. A ver que opinan os demais compis!

    ResponderEliminar
  3. Foi un encontro moi divertido

    ResponderEliminar
  4. Iria Castiñeira01/12/13, 04:09

    Encantoume o encontro, foi moi entretido e aclaroume todas as dúbidas que tiña sobre o libro! Ademáis, o que escoitei da banda sonora pareciume que lle acae moi ben ás Meigas de Lupa.

    ResponderEliminar
  5. Mercedes Queixas02/12/13, 00:07

    A web do noso centro recolle unha pequena nota de prensa con imaxe deste marabilloso encontro. Non deixedes de a visitar e rular: http://www.edu.xunta.es/centros/cpialcaldepichel/

    ResponderEliminar
  6. Pareceume un encontro moi divertido xa que ademais de resolver as dudas foi moi agradable, a banda sonora creo que interpreta moi ben o que pasa no libro. Gustariame repetir!!

    ResponderEliminar
  7. pareceume un encontro estupendo , anque a charla que nos dou case ao final parecia nosa nai jajaja pero gustoume moito paseino moi ben que volva pronto!!!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA