Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

3 nov. 2013

AS VANGARDAS (I)

Casa de Manuel Antonio, poeta vangardista rianxeiro, que visitamos o curso pasado

Iniciamos o estudo das vangardas literarias en 4º ESO e para iso imos seguir os contidos didácticos desta etapa renovadora e transgresora a través deste blog.

Para tomar un primeiro contacto informativo e contextualizador, arrancamos coa lectura dos cinco apartados correspondentes á "Introdución".

A posta en común destas tarefas que resolveredes de xeito individual será o venres 8 de novembro.

Boa viaxe vangardista!




2 comentarios:

  1. Alba, Coral e Ana4/11/13 5:09

    Ola Mercedes, que lembranzas nos trae esta fotografía. Botamos moito de menos as túas saídas culturais, ainda que o certo e que botamos moitas cousas de menos de Coristanco. Xa vos iremos facer unha visita para que non nos botedes tanto de menos!!! jajaja Saúdos a todos. De parte das túas ex-alumnas Alba Varela, Coral Cotelo e Ana Espasandín.

    ResponderEliminar
  2. Mercedes4/11/13 9:26

    Ola, mozas!!!!!
    Que alegría que nos sigades visitando por aquí!!!!!
    Lembrades a saída que fixemos por Rianxo, si?????? Foi fantástica!!! Así me gusta que lle poñades os dentes longos á nova promoción...
    A Lingua de Alcaián tamén vos estraña e desexa o mellor nesta nova viaxe que vos toca vivir por terras próximas. Agardamos a vosa visita!!!!! Facede unha paradiña!!!!

    ResponderEliminar