Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

21 ene. 2013

REPASO DE ANÁLISE SINTÁCTICA


Atendendo á demanda dunha parte do alumnado de 4º, velaquí vos deixo un novo conxunto de oracións para avanzar na práctica sintáctica que serán corrixidas nas vindeiras sesións desta semana:


1. Os deportistas falan entusiasmados dos resultados.
2. Esta mañá tivemos moito traballo na oficina.
3. Pasámolo moi ben falando de rapaces.
4. Este coche vendértonmo barato e duroume moito tempo.
5. Os legumes son moi bos para o organismo.
6. Deixade de darlle á lingua e concentrádevos no traballo.
7. Ceamos agora ou agardamos un chisco?
8. Traballaron até tarde mais non remataron.
9. Ben fala de fútbol ben fala de literatura.
10. Saíu pescar pola mañá cedo, no entanto non pescou nada.

Con todo, velaquí un enderezo con actividades complementares de lingua en xeral e de sintaxe en particular.

2 comentarios:

  1. Gracias por estas oracións de sintaxe para prácticar. A terceira e a sexta sobre todo son moi interesantes.

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas27/1/13 10:10

    Agardo que vos sirvan para asentar os coñecementos que xa tedes. E se son precisas máis, por haberá que seguir...
    Ánimo, que esta proba xa case está superada!

    ResponderEliminar