Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

14 ene. 2013

CASTELAO: GALEGO, INGLÉS E BENGALÍ

Portada da versión trilingüe de Cousas da vida, Castelao

Pois efectivamente! Unha escolma das Cousas da vida de Castelao acaban de ver a luz en edición trilingüe: galego, inglés e bengalí.

Unha novidade inesperada para moitas persoas, mais unha realidade feliz que nos confirma a universalidade da literatura de noso  máis unha vez.



Do galego e do inglés calquera pode falar, mais... e do bengalí? Que idioma é ese? Onde se fala? Cantos falantes ten? Será unha lingua hexemónica, coma o inglés, ou minorizada, coma o galego? 

A ver quen nos dá pistas para acrecentar o noso coñecemento sobre a diversidade lingüística no mundo...

7 comentarios:

  1. Judith 3ºA16/1/13 7:31

    O bengalí é o idioma oficial de Bangladés e dos estados indios de Bengala Occidental e Tripura. A escritura é da esquerda á dereita.
    O bengalí surxe do Apabhramsha procedente das linguas medias da India, arredor do primeiro milenio.
    Ten uns 215 millóns de falantes, e parece ser que é unha é unha lingua hexemónica.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas16/1/13 9:55

    Moitas grazas por esta interesante información, Judith. A miña pregunta agora é a seguinte: como pode ser que sendo unha lingua de 215 millóns de falantes (!!!!!!!) ninguén a cite como unha das linguas máis faladas no mundo?
    Que pensas?
    Que pensades?
    Cales diríades vós que son as 10 linguas máis faladas do mundo? Rétovos a que anotedes as que vos parezan e logo comprobedes neste enlace o resultado: http://linking2008.blogspot.com.es/2008/08/as-10-lnguas-mais-faladas-em-todo-o.html
    Aviso para navegantes: non fagades trampa!

    ResponderEliminar
  3. Judith 3ºA16/1/13 12:08

    Eu creo que son o inglés, o chinés, o español, o ruso, o francés, o portugués, o xaponés, o bengalí... e non se me ocorre ningún máis!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mercedes18/1/13 2:06

      Parece doado pensar en só 10 linguas cando no mundo hai máis de 6.000 verdade? Con todo, a realidade demostra o contrario. A Judith aínda lle faltarían dúas, así que quen se atreve a aventuralas?

      Eliminar
  4. Fabian otero18/1/13 15:36

    unha e o indonesio, tamen chamado malayo , e o idioma que se fala en indonesia e o outro pode ser o àrabe.
    un saúdo!

    ResponderEliminar
  5. Con ou sen facer trampa, Fabián?

    ResponderEliminar
  6. Paula 4º.30/1/13 11:05

    FANTÁSTICO simplemente un libro FANTÁSTICO. Eu mesma sería quen de recomendarllo a carquera persoa, realmente si que che son " COUSAS DA VIDA"

    ResponderEliminar