04/05/12

MAIO, MAIOLO...


Ei! Mudou o mes e precisamos refráns novos como auga de maio! E nunca mellor empregado este refrán, porque segue a caer auga do ceo a eito. E iso que abril xa foi ben xeneroso! 

Agardemos que as sementeiras de patacas o aproveiten ben para logo nós aproveitarmos as colleitas.

Quen achega a o primeiro refrán? Non vou ser eu sempre a primeira!

2 comentarios:

  1. O que non atopa moza en maio, non a atopa en todo o ano.
    Cando maio vai mediar, debe o inverno acabar.
    Maio seco e xuño augado, todo virá cambiado
    jose 3ºa

    ResponderEliminar
  2. Graciñas,Jose. Algún destes refráns non o coñecía. Xa queda incorporado!

    ResponderEliminar

DESPEDIDA