26/09/16

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

O Consello de Europa e a Unión Europea convídannos a celebrar, cada 26 de setembro, o Día Europeo das Linguas.

O galego está entre un mar de linguas que baña o continente europeo. Ten vida propia desde o século IX, na palabra viva e no pensamento expresivo do pobo galego, e desde finais do XII na súa escrita, construíndo unha literatura propia, rica e complementaria de todas as demais.

Hoxe somos nós quen seguimos a construír e gravar un novo capítulo da historia da lingua. 

Orgullos@s do aprendido e recollido! Orgullos@s da nosa transmisión!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA