Ímoslle botar un ollo a ver que vos parece!
30/04/16
VÍDEO GAÑADOR DO CONCURSO CORRELINGUA 2016
O alumnado do IES de Elviña da Coruña é o gañador do concurso de vídeo que convocou a organización do Correlingua 2016.
Ímoslle botar un ollo a ver que vos parece!
Ímoslle botar un ollo a ver que vos parece!
11/04/16
SOBRE DA MORTE DE BIEITO
O relato breve que tomaremos de base o grupo de 4º ESO para o comentario de texto deste terceiro trimestre titúlase "Sobre da morte de Bieito" e fai parte do libro Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste.
Lembrade seguir os pasos do esquema xa traballado en ocasións anteriores e non esquezades a data límite de entrega para o comentario definitivo: 29 de abril
04/04/16
OPINANDO
Tomaremos este artigo de opinión do inmigrante senegalés residente na Coruña, Cheikh Faye, publicado no xornal Sermos Galiza, para actualizar a estrutura deste tipo de textos como base para as nosas posteriores redaccións.
Asemade, con certeza, aprenderemos a contextualizar vocabulario que non sempre se emprega correctamente a respecto do "islamismo, yihad e integrismo"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Neste tempo en tránsito estacional que andamos, despedimos o verán... ... para recibirmos o outono como merece, cos versos do poeta Ma...
-
Ímonos achegando a Castelao a través do teatro, concretamente á adaptación de Cousas por parte da compañía Os Quinquilláns . Grazas...
-
Tal día coma hoxe, 15 de setembro, mais de 1851, nacía o poeta Manuel Curros Enríquez en Celanova. Que mellor momento para retomar a...