Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

1 mar. 2016

PARABÉNS PARA ÁLVARO ANTELO


 Non hai tanto tempo que rematou a súa vida académica no noso centro Álvaro Antelo e velaí o encontramos novamente como poeta no escenario do Teatro Rosalía de Castro da Coruña, na homenaxe poética "Vinte voces por Lois" que se celebrou o pasado domingo 28 de febreiro.

No acto interviron poetas ben consagrados da poética galega actual -na foto podemos ver a Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa- covocados para lembrar o vinte cabodano do pasamento do poeta Lois Pereiro no mes en que cumpriría 58 anos.

Os nosos parabéns polo impecábel recital do noso excompañeiro Álvaro Antelo e mais pola súa recente primeira publicación, o poemario Entremeses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario