Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

27 feb. 2015

MÚSICA E POESÍA... FELIZ DÍA DE ROSALÍA!



Despois de tempo de traballo interno e silente, grazas á colaboración do alumnado de 3º A, celebramos unha mañá rosaliana ben especial sorprendendo, da man de Soraya e Elena, a rutina da vida académica nas aulas, nos corredores, na sala do profesorado, na cociña, nos departamentos, na conserxería... co agasallo de versos rosalianos.














E que mellor remate de festa dun día grande que descubrir unha outra forma de entender, escribir e  interpretar publicamente a poesía grazas aos versos e acordes das poetas Lucía Aldao e María Lado.

Moito nos prestou ... ou non? Que contades por aquí?

3 comentarios:

  1. A verdade é que prestou! O detalle de sorprendernos con un verso de Rosalía a todos e de disfrutar coa presenza de esas dúas poetas foi estupendo!

    ResponderEliminar
  2. Foi unha actividade diferente e divertida xa que había moitos poemas divertidos xa que foi estupendo estar coa presenza de dúas poetas.

    ResponderEliminar
  3. Antía Varela3/3/15 3:01

    Pareceume unha actividade moi entretida; volvería a repetila!...

    ResponderEliminar