Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

25 nov. 2014

CONTOS DE TABERNA E MÁIS

 A xornada de mañá deste martes 25 de novembro rematou dunha maneira ben pouco habitual para o alumnado lector do libro de relatos Contos de taberna, unha lectura ben diferente ás máis habituais e recentes.

Nel Vidal, coordinador de Contos de taberna

Coñecemos de primeira man, grazas ao coordinador do volume, Nel Vidal, en representación do Concello de Carballo, como naceu esta iniciativa que renovou a aliaza habitual e natural entre os contos e as tabernas, como grandes espazos de socialización.
 
Nutrida representación de autores e ilustradores dos Contos de taberna

Comprendemos como autores e ilustradores crearon os seus textos e imaxes a partir da localización determinada dun espazo de hostalaría carballés que ás veces coñecían e ás veces non. E soubemos que a realidade case sempre está detrás da ficción.

Máxima expectación...

O reto estaba servido e dezaseis escritores e outros tantos ilustradores deron vida a outras tantas historias, en prosa e en verso, que xa fan parte de nós.



 
E xa de retorno ás aulas... sentímonos un pouco máis grandes e máis sabios, lendo entre liñas e ollando máis aló das imaxes...

Grazas a tod@s vós por este tempo tan máxico como ben demostrou o noso conveciño de Seavia José Antonio Andrade.

Como nos prestou esta biblio!!!!


3 comentarios:

  1. Mercedes Queixas25/11/14 10:42

    A nosa lembranza ben especial para @s que non nos puideron acompañar. Agradecemento maiúsculo a todas as persoas, escritoras e ilustradoras, que si puideron arrouparnos en data e horario ben complexo: Fernando Cabeza, José Antonio Andrade, O Mighelo, Ramón Vilar, Santiago Pazos, Cristina Castro, Cristina Abelleira, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Lidia Cambón e Nel Vidal.

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas25/11/14 10:45

    A nosa lembranza ben especial para @s que non nos puideron acompañar. Agradecemento maiúsculo a todas as persoas, escritoras e ilustradoras, que si puideron arrouparnos en data e horario ben complexo: Fernando Cabeza, José Antonio Andrade, O Mighelo, Ramón Vilar, Santiago Pazos, Cristina Castro, Cristina Abelleira, Milagros Cotelo, Mon Lendoiro, Lidia Cambón e Nel Vidal.

    ResponderEliminar
  3. E a prensa aínda hoxe fala de nós!!!! Ollade, ollade!!!

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2014/11/26/biblioteca-rego-da-balsa-cumple-mes-mil-socios/0003_201411C26C11991.htm

    ResponderEliminar