28/09/14

GALEGO EN LONDRES TAMÉN ARRANCA NOVO CURSO


Como? É posíbel estudar galego en secundaria en Londres?

Pois todo indica que si e dende hai varios anos!!!

O alumnado do IE Cañada Blanch de  Londres tamén inicia curso 2014-2015 e, como vén sendo habitual e moi propio de xente ben educadiña, preséntansenos publicamente.

Biografías lingüísticas que algúns centos de quilómetros de distancia física entre Coristanco e Londres non nos van impedir coñecer.

Agardamos as vosas mensaxes e impresións sobre este vídeo na sección "Comentarios".


6 comentarios:

  1. Despois de ver este vídeo so me queda desexarlles moita sorte a todos eses alumnos que están a achegar un chisquiño de Galicia a Londres e darlles as gracias por compartilo con nos.

    ResponderEliminar
  2. Espero que os rapaces e rapazas do vídeo disfruten falando e aprendendo a nosa lingua. Acollémosvos cunha gran aperta e un altísimo e clarísimo WELCOME!!!

    ResponderEliminar
  3. Os meus parabéns a todos os participantes deste vídeo e porsuposto moitas grazas por esforzarvos tanto en aprender un pouco máis da nosa terra. Ánimo e a seguir así.

    ResponderEliminar
  4. Sara Costa30/09/14, 09:37

    Moita sorte na aprendizaxe desta lingua a todos os rapaces e rapazas xa que é de moita honra ter tan boa representación de escritores e falantes do galego polo estranxeiro, concretamente en Londres, ánimo, ides por moi bo camiño!

    ResponderEliminar
  5. Mercedes Queixas30/09/14, 09:40

    Por suposto eu tamén me sumo aos parabéns das compañeiras. Confirmar convosco que o galego non ten fronteiras lingüísticas é un reforzo positivo para nós moi importante. Os mellores desexos para todas e todos vós!

    ResponderEliminar
  6. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA