Lagoa de Alcaián

Lagoa de Alcaián
Seavia - Coristanco

13 mar. 2013

NOVA DESCUBERTA VIAXEIRA

A compañeira de 3ºA, Judith, descubriu esa foto enigmática que tantos días levaba á espera de ser descuberta. Velaquí a súa resposta para partillar con tod@s!

 Os Batáns de Mosquetín en Vimianzo están formados por sete muíños e tres batáns recollidos en dous edificios de planta rectangular situados entre o río e as canles, dispostos paralelamente ambos os dous. 
O edificio máis afastado do río consta de tres estancias que albergan os batáns, os "Muíños de Arriba" e o "Muíño do Relón". O segundo, o dos "Muíños Albeiros", tamén se divide en tres estancias, que neste caso só albergan muíños. 
Os batáns eran empregados para mazar o liño e a la, mentres que os muíños son todos eles de fariña, do modelo máis clásico e frecuente en Galicia, e teñen a roda que recibe o impulso da auga en posición horizontal, mentres que o eixe que leva o movemento ás rodas está en posición vertical. 
Dende finais do ano 1997 o conxunto veu sufrindo todo un proceso de rehabilitación. Todas as intervencións levadas a cabo, así como as que se teñen previstas están encamiñadas a unha futura conversión dos batáns en museos, cunha área de ocio no seu ámbito.

1 comentario:

  1. Félix 4º16/3/13 3:28

    A esta información tan completa que puxo a compañeira, gustaríame engadir que os Batáns de Mosquetín actualmente encontranse nun bo estado de conservación,xa que pertencen a Deputación da Coruña que os reforman para recuperalos.

    ResponderEliminar