15/01/13

VALORACIÓN DO OBRADOIRO POESÍA + GRAFITI


Chegou o momento de coñecer a vosa valoración das actividades de fin do primeiro trimestre, organizadas de xeito colaborativo etre o departamento de lingua galega e o equipo de normalización lingüística. Imos coñecer algunha das vosas valoracións a respecto da actividade, que segundo vós, máis vos impactou: o obradoiro de poesía e grafiti impartido pola poeta Dores Tembrás.

Cedémosvos a palabra, aínda que, iso si, respectando a vosa avaliación anónima:

1. "Creo que non houbo mellor maneira de acercarnos a poesía que relacionándoa tan estreitamente co grafiti; era a primeira vez que oía falar desta mestura e, nada máis chegar á casa, fixen un par de imaxes de grafitis ou poemas escritos nos sitios máis acertados que eu nunca puidese imaxinar e encadreinos".

2. "O obradoiro de Dores foi o que máis me gustou. A súa entrega, o sedntimento co que nos falaba, víase realmente que lle gustaba o que estaba facendo e intentounos transmitir a nós esa entrega. A pesar de ser dúas horas, pasáronme rapidísimo, case sen enterarme".

3. "Gustoume moito a idea de combinar grafiti con poesía; incluso seguín buscando eu fotos na casa do tipo que ela amosou na clase".


4. "Esta actividade merece un 10!!!

5. "Gustoume moito porque me serviu para ver dutra forma a poesía"

6. "Foi estupendo, fixo que nos acercásemos máis á poesía e foi moi participativo. Acabei por emocionarme cando lemos as nosas palabras. Pode volver cando queira, agardámola!"

7. "Demostrou que para aprender non fai falla recorrer decotío aos libros. Este obradoiro cos grafitis foi unha boa mostra de modernidade e de novas tendencias".

8. "A actividade de Dores Tembrás foi moi dinámica e entretida e foi unha pena non dedicarlle máis tempo (...) o que máis me gustou foi ao final realizarmos a idealización dun obxecto que significase algo para nós; para min foi unha rebelación na forma de ver as cousas".


9. "Persoalmente, encantoume esta actividade, gustoume a maneira de expresarse, como se nota que lle encanta a palabra a Dores e a maneira de mesturas a poesía cos grafitis. Houbo frases que me chegaron e gustoume coñecer a palabra doutro modo ata o de agora para min descoñecido".

10. "Gustoume moito esta actividade porque sacaba todo o teu sentimento que tiñas gardado dentro a través de grafitis e de frases moi cheas de razón e sentimento".

GRAZAS DORES! AGARDÁMOSTE DE NOVO!



3 comentarios:

  1. Que emocionante foi ler estes comentarios!Lembrar a intensidade desta xornada xuntos. O único xeito que se me ocorreu para agradecérvolo foi con palabras. Aperta grande ata a próxima:
    http://dorestembras.wordpress.com/2013/01/16/poesia-nas-aulas-do-cpi-alcalde-xose-pichel/

    ResponderEliminar
  2. Esta actividade que compartimos contigo e co resto dos companheiros e algun que outro profesor foi realmente interesante a pena foi que se me fixo demasiado corta, pero serviume para ver a poesía de outra maneira.

    ResponderEliminar
  3. Jennifer 3ºB22/01/13, 11:37

    Estamos desexando que volvas xa! E non polo feito de perder clase, senon por aprender a expresarnos, a deixarnos levar polos nosos sentimentos máis profundos. Para min foi unha esperiencia única, e encantariame volver a repetila.
    A forma de expresarse é moi importante xa que di moito de cada un.
    Graciñas por facernos pasar un rato tan maravilloso! Un saúdo.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA