23/10/12

LENDO ENTRE LIÑAS E TRAZOS

Xa sabemos as diferenzas entre a linguaxe verbal e a non verbal.

Sabemos tamén que a linguaxe humorística xoga cos dobres sentidos e a ambigüidade das palabras para provocar a nosa atención, a reflexión e tamén o sorriso crítico.

O filósofo, matemático e físico francés, René Descartes, sentenciou a expresión: Penso, logo existo.

Reparade nesta viñeta do humorista gráfico Luís Davila, exemplificade o seu sentido completo, isto é, aquilo que non se expresa con palabras e nós debemos ser quen de interpretar.

Tócavos demostrar, agora, se pensades e existides... :-)


REPASO ORTOGRÁFICO I

Á vista das correccións que imos facendo dos vosos escritos, semella que hai certos hábitos ortográficos que cómpre revisar.

Velaquí un enlace on line ben xeitoso para este primeiro repaso ortográfico que ten a vantaxe de conter solucionario, así que nos será de utilidade na aula e na propia casa. 

Iso si... non me fagades trampas!!!

http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/exercicios/ortografia.htm


NOVA PARADIÑA VIAXEIRA


Judith, Cintia e Lucía, tres compañeiras de 3ºA descubriron ben axiña o noso novo destino viaxeiro.

Nesta casión foi Judith a que nos ilustrou ben a súa resposta. 

Que vos parece? Dan ganas de se mergullar por alí no medievo, non si?





CASTELO DE VIMIANZO

O castelo de Vimianzo, (construído entre finais do século XII e principios do XIII), é unha fortificación de orixe medieval situada na entrada de Vimianzo. Acolle unha mostra de artesanía popular.
Atópase en bo estado de conservación. Conserva partes do século XIII, aínda que a maioría pertencen aos séculos XIV e XV. O edificio ten planta poligonal irregular adaptándose ao terreo. Componse de tres torres defensivas rectangulares ao redor dun patio de armas, ademais da torre da homenaxe, coas súas voadas ameas.
As ameas en punta de diamante que antes rodeaban a totalidade do castelo só se conservan na torre de homenaxe, e no paseo dun dos muros. O seu perímetro está rodeado por un profundo foxo. Tamén conserva o camiño de ronda e no portalón de entrada ao patio pódese ver o escudo con cabeza de lobo dos Moscoso.
A proximidade da fortaleza á costa permitíalle controlar as rotas comerciais do mar do Norte, os negocios da sardiña e do sal e os botíns dos barcos que naufragaban nestas costas.

16/10/12

"OS PINOS" DE EDUARDO PONDAL AO PUTO COKE

Imos ver quen se resiste a aprender o himno galego, letra do poeta bergantiñán Eduardo Pondal e música (orixinal) do mindoniense Pascual Veiga. 

Como soa o himno galego nesta nova partitura do rapeiro vigués, O Puto Coke?


15/10/12

NOVO LUGAR DESCUBERTO

Seguro que moit@s destes unha ollada ao noso lugar misterioso para descubrir, mais foron Cintia e Luís, de 3º A, quen o descubriron con probas.

Concretamente, foi Cintia quen mellor nolo contou, así que velaquí tedes a súa resposta:

Este lugar é o Castro de Borneiro. Atópase en Cabana de Bergantiños e é un exemplo da cultura castrexa. Foi unha obra dos celtas que o construíron alí para defenderse e esconderse dos ataques .
Foi o primeiro castro galego en ser fichado cientificamente.
As súas escavacións comezaron hai 30 anos.
Pódense facer visitas turísticas, tamén se están a organizar visitas de colexios e elabóranse xogos para os rapaces.
A pouca distancia, atópase o Dolmen de Dombate.

11/10/12

PONTE LUBIÁN

Andamos a voltas co texto expositivo nas aulas de 3º. Xa sabemos da importancia de estruturalo correctamente para transmitir a información de xeito ordenado e ben cohesionado.

O compañeiro Francisco, "Fran" para os colegas de clase, preparounos este texto sobre a Ponte Lubián, que tamén nos expuxo oralmente.

Velaquí vos queda agora o seu traballo para que non esquezamos nunca máis a importancia desta peza fundamental do patrimonio histórico que conservamos no noso concello.

Ah! Por certo! Houbo un pequeno problema ao subir o documento. Descolocáronse os parágrafos e non hai quen entenda moito todo isto, así que a partir de aquí comezan os vosos deberes de fin de semana longa.

Quen ordenará primeiro a información para que luza en todo o seu esplendor o traballo de Fran?



PONTE LUBIÁNS
Ao cruzala atopámonos cun paseo que bordea o río,poboado por Árbres autóctonas É, xunto coa Torre de Nogueira, o monumento que figura no escudo do concello de Coristanco.

A Ponte Lubiáns atópase entre os termos municipais de Carballo e Coristanco, no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca.

A lonxitude da Ponte Lubiáns é de 40 metros , alcanza os 2,60m. de anchura, o que a converte nunha das pontes galegas máis estreitas, e mide 5,40 de altura.

Orixinariamente, a ponte tiña cinco arcos, mais na actualidade só conserva catro, todos eles asiméticos, e está atravesada por un tallamar triangular na parte central.

Esta ponte catalogada de alto valor histórico, serviu como vía de comunicación a persoas e carruaxes ata a construción da Ponte Nova, situada uns metros máis abaixo e por onde pasa actualmente a estrada que comunica A Coruña con Fisterra.

Foi construída polos romanos no século I, aproveitando que por aquí cruzaba unha calzada romana coñecida como per loca marítima, que partía de A Coruña ata Fisterra, co obxectivo de facilitar o paso polo río Rosendo, facendo de punto de unión entre os concellos de Carballo e Coristanco.


BATALLÓN LITERARIO DA COSTA DA MORTE

A finais dos anos 90 un grupo de trinta escritores e escritoras revolucionaron o mundo da cultura desde a Costa da Morte. Quen o diría!



Agora xa está na rede aquela experiencia cultural común que aprendeu a camiñar a moitos autores e autoras que hoxe son imprescindíbeis na literatura galega actual: http://www.finisterrae.org/literatura.php?idioma=es

 Visibilicemos algunhas das persoas que estiveron a pé de obra literaria e intelectual e elevan a Costa da Morte á vida das palabras.

Marilar Aleixandre

Concha Blanco e María Canosa

Miro Villar


Rafa Villar





Estevo Creus

María Lado



Paco Souto


Modesto Fraga

DE TOPONIMIA VARIA

Os topónimos sempre se orixinan a partir do léxico da fala, aínda que logo  poidan perder a súa transparencia semántica e xa non ser tan evidente o seu significado.

A orixe dos topónimos galegos é diversa e cronoloxicamente moi anterga: prelatinos (Bergantiños, Noia), latinos (Compostela, Vigo), xermánicos (Zas, Castriz), árabe (Alfoz, A Mezquita), etc.

Non sempre é doado clasificar os topónimos segundo o seu significado, pois co paso do tempo moitos resultan hoxe de complexa explicación. Con todo, de moitos deles si podemos aínda identificar a súa natureza semántica.


Temática

Os topónimos poden clasificarse tematicamente:
  • Construcións:
  • Anecdóticos ou creacións expresivas diversas ou que lembran unha circunstancia especial actualmente non fácil de explicar (aínda que cómpre confirmar estas explicacións para non caer na etimoloxía popular): Mexadeiro, Mollafariña, Boimorto, Salsipodes, Cuspedriños (procede da forma latina CURROS PETRINEOS, "curros de pedra").

07/10/12

XOGOS DE LINGUA

Traemos hoxe para a primeira liña do blog este enlace que nos vai axudar a xogar coa lingua.

http://xogosdelingua.blogspot.com


Quen nolo diría, non si? 

Ademais de falar, escribir, namorar, besbesullar, debater, retranquear... a lingua tamén é unha boa ferramenta para xogar! 



 

LINGUA E LITERATURA GALEGA: PARELLA NO TEMPO



Preséntovos nesta liña do tempo a secuencia daqueles momentos puntuais que nos permten pasear hoxe pola historia da lingua e da literatura galega.

O galego, oral e escrito, ten moito que contar desde o seu nacemento aló por volta do século IX, así que imos ir debullando cada unha desas etapas entre 3º e 4º de ESO.
 
http://www.timerime.com/es/linea_de_tiempo/423851/HISTORIA+DA+LINGUA+GALEGA/

06/10/12

BOA NOVA PARA @S AMANTES DO BALONCESTO

Velaquí vos deixo unha boa nova para as persoas amantes do deporte, en xeral, e do baloncesto, en particular.

Agora xa non hai desculpa para non vivir o baloncesto ao día!

Que como se chama? 

ZONA PRESS

http://praza.com/deportes/2239/nace-zona-press-a-revista-galega-para-os-amantes-do-baloncesto/

Portada do Nº 1 

03/10/12

O PARTIDO DO CORISTANCO EN CLAVE OBXECTIVA OU SUBXECTIVA?


Velaquí a proposta que elaborou Álvaro Mol, compañeiro de 4º, como exemplo de texto redactado desde unha perspectiva obxectiva e/ou subxectiva.

Esqueceu identificalos, así que vós diredes cal é cal? E, xa sabedes, sempre con argumentos!

TEXTO 1
O Coristanco disputou un encontro amistoso fronte ao Deportivo, este encontro disputouse en Abegondo ante a presenza de 3872 espectadores.
O encontro saldouse con un 0-4 a prol do equipo visitante, con goles de: Toniño (3) e Valerón (1) en propia porta.
Este encontro prodúcese a semana e media para dar comezo as ligas destes dous equipo. Aos dous aínda lles quedan encontros por disputar, a ambos fora da casa e fronte a equipos da 2º división.

 TEXTO 2
O Coristanco disputou un magnifico encontro amistoso fronte ao histórico Deportivo, este encontro disputouse nas pésimas instalacións de Abegondo ante a presenza dun publico abundante de 3872 espectadores.
O encontro saldouse con un claro 0-4 a prol do equipo visitante, con goles de: Toniño (3), os 3 moi bos remates emulando ao gran Tuli e Valerón (1) en propia porta, isto foi devido a un fallo clarísimo de atención.
Este encontro prodúcese a unha escasa semana e media para dar comezo as complicadas ligas destes dous equipos. Aos dous aínda lle quedan encontros clave por disputar, a ambos fora difíciles partidos fora da casa e fronte a duros equipos da 2º división.

NOVAS GAÑADORAS!

Judith e Verónica de 3º A foron as supergañadoras da sección fotográfica "Un lugar por descubrir". Estes días desprazámonos até a Torre de Nogueira, situada na parroquia de Seavia.

Cantas historias nos poderían contar esta torres erguidas no século XV!!!

En breve, seguro que nos descubrirán estas dúas compañeiras os segredos desta torre. Atent@s!

02/10/12

TEXTO OBXECTIVO / TEXTO SUBXECTIVO

Semella que xa vai ficando máis clariña a localización de marcas de subxectividade persoal nun texto escrito. Mais, por se acaso, imos facer unha nova proba.

Preséntovos esta nova actual do diario Galicia Hoxe que nos anuncia polo miúdo os detalles do inicio da nova xira do fantástico grupo coruñés Luar na Lubre, referencia mundial indiscutíbel na música folk.

Localizades algunha marca de subxectividade nel?

E polo meu texto... escaparía tamén algunha?

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/luar-na-lubre-inicia-na-coruna-dia-20-outubro-unha-xira-espana/idEdicion-2012-10-02/idNoticia-769327/


PROPIEDADES TEXTUAIS: A ADECUACIÓN

Xa sabemos que é fundamental que o noso rexistro lingüístico se adecúe en cada momento ao destinatario, ao contexto, ao tema e ao tempo en que se produce a comunicación oral ou escrita.

Canto maior dominio teñamos dos diferentes rexistros lingüísticos que unha lingua posúe, maior COMPETENCIA LINGÜÍSTICA nela conseguiremos.



Imos repasar aquilo que xa sabemos na teoría e levalo á práctica. Guiaremos a nosa tarefa desde este espazo didáctico escolar: 

http://remexer.com/cuarto/?p=265

01/10/12

SOPA ORTOGRÁFICA

Para rematarmos con este repaso pola representación do "B" e mais do "V", que tal unha sopiña?

Cullerada a cullerada, chegaredes a apañar 50 palabras que se escriben con unha ou outra letra. 

Ollo con elas!


ENCRUCILLADO ORTOGRÁFICO

HORIZONTAIS
Través 1. O lobo oubea, a ovella ...
3. Macho cabrío.
5. Árbore ou arbusto da familia aquifoliáceas (Ilex aquifolium).
8. Pai da miña nai.
10. Terreo sementado de nabos.
12. Relativo ás naves e á navegación.
16. Planta herbácea das papilionáceas (Cicer arietinum).
18. Relativo á voz.
19. Col (Brassica oleracea), planta das crucíferas.
21. Facer saír ou obrigar a saír dun lugar.
23. Interxección que denota incredulidade ou desdén.
24. Paso a vasoira.
26. Sen oficio nin ocupación.
27. Delgado, alto e airoso.
28. Pertencente ou relativo á boca.
29. Cun ollo torto.
32. Baldía, inútil, improductiva.
33. Estalo, estoupo, estouro, estralo.
34. Que se pode levar, desprazar, portar.
35. Que ten ou ocupa moito espacio, unha grande extensión.
38. móvese polo aire.
39. Compoño cantigas.
40. Suceso ou cousa extraordinarios.
41. Dar a conecer algo que non se conecía ou que era secreto.
43. Cerimonia pola que dúas persoas contraen matrimonio.
44. Persoa que non ten valor.
45. Uva: cada un dos elementos dun acio.




VERTICAIS
 1. Serpe de América tropical.
2. Símbolo do bario.
3. Serie de coches de ferrocarril enlazados e tirados por unha locomotora.
4. Retrete.
6. Impermeable para a chuvia.
7. Disolución a base de resinas que se aplica ás madeiras.
9. En galego represéntanse con 5 letras (sing).
11. Encarnado.
13. Planta de raíz comestible con forma de fuso.
14. Non deteriorado ou estragado, que pode servir.
15. Que está sen traballar ou pouco elaborado, e é de pouca calidade.
17. Bóla de fío enrolado.
18. Emitir un voto para elixir a unha persoa ou decidir sobre un asunto.
20. Nome que se lles dá a varios insectos coleópteros de corpo ovalado, ás duras e lisas e patas e cabeza curtas.
22. Vara con punta de ferro que o atleta lanza o máis lonxe posible.
23. Embocadura ou boquilla da gaita.
25. Sublevar, amotinar, volver contra alguén.
30. Anaco de seda, lenzo fino, etc., que se anoa arredor do colo da camisa.
31. Ave de rapina de gran envergadura.
36. Protuberancia.
37. Acción de voar.
42. Vaso polo cal o sangue volve ó corazón.

REVIRAVOLTA ORTOGRÁFICA

Imos ver quen é capaz de superar esta proba no menor tempo posíbel e sen ningún erro.

Quen se atreve?

COMPLETA as seguintes palabras con "B" ou "V"''':

___áter, ___ermello, ___esgo, ___erza, ___im___io, ___oda, ___oitre, ___ulto, a___elá, a__eleira, automó__il, ___aldeirar, ___aleirar, __aleiro, ___enia, ___irollo, ___iruxe, __ol__oreta, chi__o, dé___eda, dú__ida, a__ultar, con__oi, cor__eta, co__arde, co__ardía, chu__asco, chu__asqueiro, de___alar, de__ecer, escara__ello, escar___ar, es___elteza, es___elto, gara___anzo, ga__ián, gra___ar, gra___ación, gra___ado, gra___ata, pa___illón, pel___e, tre___o, __aixela, fi___ela, mara__illa, mara___illar, mara___illoso, mó___il, mo___iliza___le, mo___ilización, mo___ilizado, mo___ilizar, ou___ear, pe___ida, re___entar, ri___eira, tro___ador, ace___ro, adi___al, a___ó, a___ogacía, a___ogado, a___oengo, a___ogar, á___rego, a___ogado, a___ultado, ___aixela, ___alado, ___aranda, ___arrer, ___arredoiro, ___asoira, ___asoirada.

DESPEDIDA