23/10/12

NOVA PARADIÑA VIAXEIRA


Judith, Cintia e Lucía, tres compañeiras de 3ºA descubriron ben axiña o noso novo destino viaxeiro.

Nesta casión foi Judith a que nos ilustrou ben a súa resposta. 

Que vos parece? Dan ganas de se mergullar por alí no medievo, non si?





CASTELO DE VIMIANZO

O castelo de Vimianzo, (construído entre finais do século XII e principios do XIII), é unha fortificación de orixe medieval situada na entrada de Vimianzo. Acolle unha mostra de artesanía popular.
Atópase en bo estado de conservación. Conserva partes do século XIII, aínda que a maioría pertencen aos séculos XIV e XV. O edificio ten planta poligonal irregular adaptándose ao terreo. Componse de tres torres defensivas rectangulares ao redor dun patio de armas, ademais da torre da homenaxe, coas súas voadas ameas.
As ameas en punta de diamante que antes rodeaban a totalidade do castelo só se conservan na torre de homenaxe, e no paseo dun dos muros. O seu perímetro está rodeado por un profundo foxo. Tamén conserva o camiño de ronda e no portalón de entrada ao patio pódese ver o escudo con cabeza de lobo dos Moscoso.
A proximidade da fortaleza á costa permitíalle controlar as rotas comerciais do mar do Norte, os negocios da sardiña e do sal e os botíns dos barcos que naufragaban nestas costas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

DESPEDIDA