Andamos a voltas co texto expositivo nas aulas de 3º. Xa sabemos da importancia de estruturalo correctamente para transmitir a información de xeito ordenado e ben cohesionado.
O compañeiro Francisco, "Fran" para os colegas de clase, preparounos este texto sobre a Ponte Lubián, que tamén nos expuxo oralmente.
Velaquí vos queda agora o seu traballo para que non esquezamos nunca máis a importancia desta peza fundamental do patrimonio histórico que conservamos no noso concello.
Ah! Por certo! Houbo un pequeno problema ao subir o documento. Descolocáronse os parágrafos e non hai quen entenda moito todo isto, así que a partir de aquí comezan os vosos deberes de fin de semana longa.
Quen ordenará primeiro a información para que luza en todo o seu esplendor o traballo de Fran?
PONTE
LUBIÁNS
Ao cruzala atopámonos cun paseo que bordea o río,poboado por Árbres autóctonas É,
xunto coa Torre de Nogueira, o monumento que figura no
escudo do concello de Coristanco.
A
Ponte Lubiáns atópase entre os termos municipais de Carballo e
Coristanco, no lugar de Montecelo, na parroquia de Oca.
A
lonxitude da Ponte Lubiáns é de 40 metros , alcanza os 2,60m. de anchura, o que
a converte nunha das pontes galegas máis estreitas, e mide 5,40 de altura.
Orixinariamente,
a ponte tiña cinco arcos, mais na actualidade só conserva catro, todos eles
asiméticos, e está atravesada por un tallamar triangular na parte central.
Esta
ponte catalogada de alto valor histórico, serviu como vía de comunicación a
persoas e carruaxes ata a construción da Ponte Nova, situada uns metros máis
abaixo e por onde pasa actualmente a estrada que comunica A Coruña con
Fisterra.
Foi
construída polos romanos no século I, aproveitando que por aquí cruzaba unha
calzada romana coñecida como per loca marítima, que partía de A Coruña ata
Fisterra, co obxectivo de facilitar o paso polo río Rosendo, facendo de punto
de unión entre os concellos de Carballo e Coristanco.
O primeiro é o segundo
ResponderEliminarO segundo é o sexto
O terceiro é o quinto
O cuarto é o cuarto
O quinto é o terceiro
O sexto é o primeiro