30/01/13

ANIVERSARIO DE CASTELAO


Hai 127 anos, un día como hoxe, o 30 de xaneiro de 1886, nacía en Rianxo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Achegámonos a el grazas ás lecturas que nos legou: Retrincos, Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete e Cousas.


Impresionounos a recente tradución dunha escolma das Cousas da vida ao inglés e mais ao bengalí. Unha magna obra reunida en seis volumes que só puido ser publicada pola Editorial Galaxia a partir de 1961, superando a censura franquista.


Imos ver outra escolma desta obra feita no IES Elviña d´A Coruña que vos colocará en disposición de responder esta pregunta:

Que temas abrangue Castelao neste subxénero literario creado por el que combina imaxe e texto?

Ficamos á espera das vosas respostas...



1 comentario:

  1. Leticia 4ºESO04/02/13, 02:45

    Os temas que abrangue poden ser:
    Política, falta de educación entre os máis pobres,descriminación entre clases sociales, a pobreza, desigualdade, exceso de machismo na sociedade, desvalorización do galego, inxustizas....

    ResponderEliminar

DESPEDIDA