Agora tócanos coñcecer as valoracións que fixestes do encontro musical que mantivemos coa musicóloga polaca, especialista no noso cancioneiro medieval, Paulina Ceremuzynska, un nome que a comezos de curso case nos resultaba impronunciábel e agora xa se volveu familiar entre nós.
Estas foron algunhas das vosas reflexións escritas:
1. "O que máis me impresionou, á parte da súa voz, foi o ben que fala o galego sendo polaca, o moito que disfruta co que fai e, sobre todo, o seu gusto pola cultura galega, xa que a gran maioría das persoas temos tendencia a fixarnos máis no de fóra que non que hai aquí dentro, en Galicia".
2. "Foi moi reconfortante saber que non só nós falamos galego e mostramos interese por el, senón que outra xente doutros países tamén se preocupa pola nosa lingua e pola nosa terra. Necesitabamos máis tempo para escoitar máis cantigas galegas medievais interpretadas pola fermosa voz de Paulina. Foi un tempo que aproveitamos moito e que nos serviu para ter máis aprecio pola nosa terra e pola nosa lingua".
3. "Levei unha moi boa impresión de Paulina. Cando comezou a falarnos do importante que era o noso patrimonio, ela, unha persoa polaca, levei unha grande alegría, xa que aínda hai galegos que non aprecian o noso patrimonio coma ela".
4. "Foi emocionante cando empezou a cantar as cantigas medievais galegas; paréceme que ten unha voz marabillosa e, sobre todo, valoro que fale tan ben o galego e se interese por el".
5. "Con ela aprendín que aínda que unha persoa sexa doutro país, non sabe menos ca nós do lugar onde residimos, ao contrario, aínda chega a saber máis cousas que nós descoñeciamos".
6. "Fíxoseme moi curto e fascinoume como canta as cantigas de amigo".
7."Foi unha experiencia totalmente inesquecible. Escoitar unha voz tan incrible desde tan cerca é un privilexio. Desta actividade aprendín moitísimo. Ver como se emocionaba, como sentía o que estaba facendo, foi estremecedor. Penso que Paulina nos en sinou unha gran lección ese día: amar a cultura e o patrimonio da nosa terra, porque, ao final, é o únco que queda por sempre".
8. "Fíxonos comprender que o galego é máis coñecido do que nos parece".
9. "Descubriume outro tipo de música que nos estamos afeitos a oír nas radios, na tele, na internet... Pareceume que tiña unha voz impresionante".
10. "Son impresionantes a súa maneira de cantar, o seu dominio de lingua e o seu bo coñecemento sobre as nosas cantigas medievais".
Emocioneime moito lendo os vosos comentarios. Alédame de que vos puiden ser útil. Para min foi un auténtico pracer visitarvos. Como ben dixo un de vós, hai que "amar a cultura e o patrimonio da nosa terra, porque, ao final, é o único que queda por sempre". Lembrade que sodes a esperanza e o futuro de Galicia e que un patrimonio non querido morre. Graciñas e déixovos aquí unha ligazón que igual xa coñecedes. Espero poder invitarvos en breve a un concerto de cantigas... Paulina
ResponderEliminarhttp://www.facebook.com/photo.php?fbid=4355318362966&set=a.3874886352466.201019.1287904373&type=1&theater