Portada da versión trilingüe de Cousas da vida, Castelao |
Pois efectivamente! Unha escolma das Cousas da vida de Castelao
acaban de ver a luz en edición trilingüe: galego, inglés e
bengalí.
Unha novidade inesperada para moitas persoas, mais unha realidade
feliz que nos confirma a universalidade da literatura de noso
máis unha vez.
Do galego e do inglés calquera pode falar, mais... e do bengalí?
Que idioma é ese? Onde se fala? Cantos falantes ten? Será unha
lingua hexemónica, coma o inglés, ou minorizada, coma o galego?
A
ver quen nos dá pistas para acrecentar o noso coñecemento sobre a
diversidade lingüística no mundo...
O bengalí é o idioma oficial de Bangladés e dos estados indios de Bengala Occidental e Tripura. A escritura é da esquerda á dereita.
ResponderEliminarO bengalí surxe do Apabhramsha procedente das linguas medias da India, arredor do primeiro milenio.
Ten uns 215 millóns de falantes, e parece ser que é unha é unha lingua hexemónica.
Un saúdo!
Moitas grazas por esta interesante información, Judith. A miña pregunta agora é a seguinte: como pode ser que sendo unha lingua de 215 millóns de falantes (!!!!!!!) ninguén a cite como unha das linguas máis faladas no mundo?
ResponderEliminarQue pensas?
Que pensades?
Cales diríades vós que son as 10 linguas máis faladas do mundo? Rétovos a que anotedes as que vos parezan e logo comprobedes neste enlace o resultado: http://linking2008.blogspot.com.es/2008/08/as-10-lnguas-mais-faladas-em-todo-o.html
Aviso para navegantes: non fagades trampa!
Eu creo que son o inglés, o chinés, o español, o ruso, o francés, o portugués, o xaponés, o bengalí... e non se me ocorre ningún máis!
ResponderEliminarParece doado pensar en só 10 linguas cando no mundo hai máis de 6.000 verdade? Con todo, a realidade demostra o contrario. A Judith aínda lle faltarían dúas, así que quen se atreve a aventuralas?
Eliminarunha e o indonesio, tamen chamado malayo , e o idioma que se fala en indonesia e o outro pode ser o àrabe.
ResponderEliminarun saúdo!
Con ou sen facer trampa, Fabián?
ResponderEliminarFANTÁSTICO simplemente un libro FANTÁSTICO. Eu mesma sería quen de recomendarllo a carquera persoa, realmente si que che son " COUSAS DA VIDA"
ResponderEliminar