19/01/13

NOVAS DE ACTUALIDADE PRÓXIMA

Esta semana tivestes a oportunidade de axudar a mellorar este blog. As vosas respostas críticas, e moi construtivas, á enquisa avaliadora sobre formato, presentación, contidos e utilidade didáctica desta nosa Lingua de Alcaián axudarán, sen dúbida, a mellorala. Tomamos boa nota!

E empezamos xa con esta entrada, pois algúns de vós estrañades novas de actualidade inmediata, próximas ao noso contorno de vida e traballo.

Infelizmente, desde hai un tempo unha nova circula por todos os medios de comunicación, nas redes sociais e nas conversas dos veciños de Coristanco e doutros concellos limítrofes: a mina de ouro a ceo aberto que unha empresa estranxeira quere explotar en Corcoesto, no concello de Cabana.



Iniciamos, entón, unha tarefa de investigación en 3º e 4º que dea resposta ás seguintes preguntas:

1. Cal é o obxectivo empresarial que se procura?
2. Onde se ubica exactamente?
3. Que concellos se ven afectados a maiores? Por que?
4. Á vista da controversia que o proxecto ten suscitado, que argumentos se ofrecen a favor e en contra desta explotación mineira?

4 comentarios:

  1. SI A LA MINA DE CORCOESTO21/01/13, 09:43

    Estoy en contra de esta entrada.
    Porque se tiene que poner una foto como esta diciendo NO a la mina ? Que razones tienes tú para hacer esta entrada en un blog educativo ?
    Dices que es una tarea de investigación, pues no pongas una foto en contra, porque hay gente que está a favor.
    A quien tenemos que judgar, a los que decís NO o a los que dicen SI a la mina ?
    No hay razones para decir NO. La mina crea puestos de trabajo, da dinero... Ahora podrás decir: Pero nos cargaremos nuestra salud.
    Pues no, los residuos tóxicos están controlados y se asegura que no causarán daño alguno. Al contrario, nos dará dinero para poder dar de comer a nuestras familias.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas Zas21/01/13, 11:34

    Lamento profundamente o ton tan maleducado desta entrada nun blog de aula como é este no que só se traballan tarefas educativas. Moito máis aínda sen asinar, anonimamente, empregando un discurso agresivo que para nada se emprega aquí e, por esa razón, tampouco eu, como responsábel deste blog, con nomes e apelidos, vou tolerar. Debería pararse a ler os obxectivos da actividade proposta que non son outros que educar desde a procura dos argumentos e contraargumentos. Coido que vostede, sexa quen for, errou de espazo e rógolle que se absteña de intervir nestes termos.

    ResponderEliminar
  3. Oleeee Mercedes!!!!!
    E a persoa que comentou arriba direille que visite o seguinte enlace "http://santacombaviva.blogspot.com.es/p/a-megaminaria-toxica-chega-santa-comba.html"
    Por outra banda darei a miña opinión persoal sobre a mina con só haber lido algúns dos artigos de dito enlace. Baixo o meu punto de vista a minaría dará moitos postos de traballo mais condenará o noso futuro non só no referente á saúde senón tamén no referente ó medio ambiente. A empresa que quere traer a minarí ALTAMENTE TÓXICA e a ceo aberto..... apoveitase da actual situación de desemprego pero os que realmente van obter beneficios deste proxecto son eses empresarios foraneos e cando todo quede inservible eles marcharan e nós quedaremos con unha man diante e outra detrás. (Alba Reino Casal, exalumna orgullosa) ;)

    ResponderEliminar
  4. CORCOESTO SI, MINA SI29/01/13, 09:47

    Una actividad educativa no tendría que llevar una foto en la que pusieses NO a la mina, y digo por que: Porque usted está ejerciendo cierta manipulación en los alumnos con ello.
    La mina "ALTAMENTE TÓXICA", no es tan tóxica como Alba dice. Claro que va a contaminar, pero no de la manera tan exagerada que decís. Todo lo referente a la contaminación está controlado. Y no hables de una condena cuando lo que hace verdadera falta es trabajo y actividad. Todo lo que daba dinero a éste país está parado, no trabajar y no moverse es lo que nos CONDENARÁ.
    Y por último, pedirle perdón a Mercedes por mi anterior comentario tan "agresivo", pero creo que ofende esta frase suya "educar desde a procura dos argumentos e contraargumentos" , cuando usted misma pone una fotografía en contra.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA