Tod@s @s falantes somos deboradores de lingua. Apreixamos as palabras, mastigámolas e empregámolas para comunicar pensamentos, emocións, medos, risadas...
Mais, @s falantes nunca somos quen de apañarmos todas as palabras existentes na extensa leira galega, sempre hai algunha que agroma nova para nós e nos obriga a procurar o seu significado e uso correcto.
Imos logo inxectarlle tamén nós vitaminas ao noso galego colectivo.
Como? Que podo facer eu?
Moi simple: cada un/unha de nós recolle unha palabra no momento de descubrila por vez primeira e anótaa aquí como un comentario. Finalmente, decatarémosnos de canto léxico nos queda por descubrir e aprender.
Reparade ben na ilustración de Luís Davila, que é ben aclaratoria, non si?
Eu voume lanzar coa primeira palabra que hai un tempo me chamou a atención: fervellasverzas (e non ando a pensar en ninguén, eh!)
A min chamoume a atención unha palabra dende que era pequena: "desparafusador".
ResponderEliminarDe verdade que é unha palabra moi curiosa!
Tomamos nota desta primeira palabra curiosa para aprender, Judith!
ResponderEliminarA min unha palabra que sempre me chamou a atención é chisqueiro.
ResponderEliminarEngado outra que me acordou jaja, tratase de estumballar.
ResponderEliminarPara min unha palabra moi curiosa é rexoubar.
ResponderEliminar