E eu que pensaba que vos ía levar máis tempo achegarvos até o novo destino viaxeiro...
Nesta ocasión foi Félix Viqueira,de 4º, o que trouxo na súa mochila toda a información.
Tamén é certo que o souberon resolver Cintia e Judit uns días despois.
A ver que nos conta Félix sobre este lugar tan característico e cargadiño de historias lendarias da Costa da Morte.
"A Imaxe de Un Lugar Para Descubrir é un cruceiro chamado A Pedra da Serpe, que se encontra en Corme (Ponteceso) e responde a unha lenda que di así:
Cóntase que foi Santo Hadrián, un patrón da parroquia de Ponteceso, quen salvou a súa terra dunha praga
de serpes ao golpear co seu pé fortemente contra o chan e facelas desaparecer, quedando
enfeitizadas baixo as pedras.
A rocha onde está esculpida esta serpe alada que se percibe na fotografía é de granito. A autoría da escultura é discutida, mais asóciase aos cultos
precristiáns ás serpes, relacionado, segundo algúns
historiadores, coa chegada dos celtas, que tiñan como símbolo
heráldico a serpe".
Ningún comentario:
Publicar un comentario