Velaquí as cuestións que debedes responder o alumnado de 4º, unha vez visionada atentamente a presentación subida hai uns días, a respecto da situación da lingua e literatura galegas no primeiro terzo do século XX.
Esta tarefa será corrixida na aula o martes 6 de novembro.
As vosas respostas deberían servirvos de pistas para, finalmente, poder sintetizar os trazos fundamentais da lingua e literatura galegas neste período histórico.
CUESTIONARIO
1. Que é o agrarismo?
2. Que tendencias poéticas continúan Noriega Varela e Leiras Pulpeiro?
3. Que trazos caracterizan a poesía de Ramón Cabanillas?
4. Que características definen o labor das Irmandades da Fala?
5. Que características definen o labor do Seminario de Estudos Galegos?
6. Que características definen o labor do Grupo Nós?
7. Quen son os principais responsábeis da Revista Nós?
8. Que marco político explica este contexto lingüístico-literario vizoso entre 1931 e 1936?
9. Cal foi o maior éxito político do Partido Galeguista? Por que se converteu nun feito histórico?
10. Redacta un texto sintético que recolla aquilo que é fundamental desta etapa.
1.Movemento do campesinado que a ºtravés de diferentes asociacións agrarias procuran unha xusta distribución da terra e a súa modernización.
ResponderEliminar2.Intimista, costumista e social patriótica.
3.Era poesía de ton cívico, intismista e costumista e tamén de ton anticaciquil e redencionista, estes últimos converterono no poeta do movemento agrarista.
4.A concienciación galeguista, a diginificación e promoción do idioma e a autonomía política en galicia.
5.O estudo das manifestacións culturais do país, como pode ser a arte, a literatura...
6.Estudan a cultura galega en todas as súas manifestacións.
7.Otero Pedrayo, Losada Diéguez, López Cuevillas e Vicente Risco.
8.O Partido Galeguista.
9. A consecución do primeiro Estatuto de Galiza.
Porque era o primeiro estatuto no que se recollía o galego xunto co castelán como idiomas oficiais de Galiza.
10.Que os escritores galegos e galeguistas foron unha peza fundamental para o pobo galego e para galiza, representando así a maioría dos cidadáns nas suas loitas contra a centralización do estado español.
Daniel Garda Taibo 4º
Moi ben, Daniel! Traballaremos na aula o contido da presentación a partir das túas respostas. Parabéns polo teu traballo!
Eliminar