Hoxe 5 de novembro celébrase o III Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.
Este ano dedícaselle atención especial a Leonardo da Vinci e Ramón Verea. Por que será? Cal foi o seu papel no desenvolvemento da ciencia?
Por que se celebra este día? En que ano naceu esta necesidade?
Quen nos deixa por aquí algún apuntamento?
Boas Mercedes,
ResponderEliminar1ª PREGUNTA: Porque ambos eran científicos, e crearon moitos inventos.
2ª PREGUNTA: Leonardo da Vinci fixo progresar moito o coñecemento nas áreas de anatomía, a enxeñería civil, a óptica e a hidrodinámica.
Ramón Verea foi o inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.
3ª PREGUNTA: O obxectivo principal destes dias é o de mostrar que a lingua galega é útil para facer ciencia e, no entorno escolar, para impartir as materias científico-técnicas.
4ª PREGUNTA: Celébrase desde hai tres anos, concretamente no ano 2010, dende o 16 de outubro ata o 5 de novembro.
Moi ben, Verónica! Aínda así falta algún dato importante que explica o nacemento desta data. A ver se alguén máis nolo completa, vale?
ResponderEliminar