... por atinar o noso novo destino turístico-fotográfico do blog.
Graciñas, Verónica, pola clase maxistral que nos ofreces sobre este lugar antergo cargado de simboloxía:
A Pedra da Arca é un monumento megalítico do período comprendido entre o ano 3.000 e o 2.700 a.C.
Tamén se chama Dólmen de Cerqueda e está situado na parroquia de San Cristovo de Cerqueda, concello de Malpica.
Trátase dun dólmen de corredor. Está orientado cara o sudoeste. Atópase ao lado da estrada, nun piñeiral, sen moita dificultade de acceso. Aínda que o estado de conservación non é moi bo, chama a atención a magnitude das pezas que o compoñen. Na parte exterior, se se observa atentamente, podemos apreciar petróglifos. A pedra da
cuberta está partida á metade, ten unha lonxitude de catro metros de
longo por un ancho de 1,80 e 70 centímetros de grosor, co que xa nos
podemos imaxinar as dimensións deste dólmen.
A lenda que máis se repite en Galicia para explicar a construción dos dólmens é esta:
“As pedras trouxoas unha moura na cabeza, que viña fiando nunha roca ao tempo que lle daba de mamar a un neno que levaba no colo”
Ningún comentario:
Publicar un comentario