07/10/14

UNHA IMAXE ... MIL PALABRAS?

Que vos parece esta imaxe? 

Onde pensades que está representada? 

Se cadra témola moito máis perto do que poida parecer...



Quen adiviña?

Mentres, imos comezar a traballar a descrición para pintar con palabras as imaxes e as cores. E por aquí temos algunhas pistas para ter sempre á man.

3 comentarios:

  1. A min paréceme que este debuxo quérenos dicir que con esforzo pódese chegar moi arriba, e por outra banda, que se te rindes, non consegues nada. É unha verdadeira obra de arte e os meus parabéns ao artista. Oxalá sigan así!

    ResponderEliminar
  2. Soraya Mato17/10/14, 01:14

    O que a min me trasmite esta imaxe, na que podemos observar que varios individuos non consiguen chegar ao cumio, é que, en forma de metáfora, nos están tratatando de demostrar ou dicir o dificil que está sendo hoxe en día a educación pública, entre recortes, crises económicas, políticos incompetentes e unha longa lista de etcéteras.
    Penso que é unha moi boa representación de que actualmente, cada día menos persoas son capaces de chegar a unha educación de calidade, ilustrada pola punta do lapis.
    Honestamente, as miñas felicitacións a un artista con toas as letras.

    ResponderEliminar
  3. Ana Rodríguez19/10/14, 03:53

    Na miña opinión, penso que polo lugar onde se sitúa esta pintura, un centro de cultura e para aprender, o lápis interprétao moi ben. Creo que coas persoas que ascenden por el fan referencia a que non todos chegan á cima do éxito, que ven sendo a punta do lápis. Por outro lado, tamén penso que debuxárono tan grande e por encima das nubes porque o saber non ten límites, e tamén é unha recompensa, igual que o ceo. Tamén darlle a noraboa aos artistas, que lograron un gran traballo.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA