Imos escoitar atentamente o que din @s protagonistas deste vídeo para despois recompilar os argumentos que elas e eles empregan para a defensa e o ataque a estes dous elementos tan característicos da variedade dialectal do galego occidental.
A tarefa final consistirá en elaborar o voso texto argumentativo persoal a respecto do uso espontáneo das variantes dialectais.
Igual que no castelán é bonito ver as variedades que hai, no galego tamén é bonito (e necesario) ter estas características. Se non hai gheada e seseo, que sería do noso clásico "muito", "nuite", "uito" que tanto se dá nestas terras coristanquesas?
ResponderEliminarPerfecto que a xente se abra as suas ideas así nos damos conta doque en realidade falamos e debemos falar e respetar .
ResponderEliminar