A casa de Manuel María gardaba para a nosa visita, nomeadamente para o alumnado de 4º, a copia facsimilar da Revista Nós.
Portada da Revista Nós deseñada por Castelao |
É hora de traballarmos aquelas "Primeiras verbas" que inauguraban e presentaban esta revista editada entre 1920 e 1936 con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.
Leamos e comentemos que raíces substentaban este proxecto editorial:
Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sai hoxe Nós.
É a ansia qu'oxe sinte Galizia de vivir de novo, de volver ó seu ser
verdadeiro e inmorrente, a evidencia luminosa do mañán, o que nos fai
saír. Temos unha fe cega, asoluta, inquebrantabel na vitalidade e no
xenio da nósa Raza, e mais na eficacia do nóso esforzo pra levala ó
acomprimento do seu fado grorioso. Oxe chegou á vida na nósa Terra unha
xeración que se deprocatou do seu imperioso deber social de crearen pra
sempre a cultura galega. Endexamais foi meirande a nósa autividade
creadora. Nós ven a recoller todos ises esforzos d'integración da Patria
galega no seu xa rico polimorfismo.
Os colaboradores de Nós poden ser o que lles pete: individualistas ou
socialistas, pasatistas ou futuristas, institucionistas ou
racionalistas, naturistas ou humanistas; pódense pór en calquera das
posicións posibles respeito das catro antonimias da mente contemporánea;
poden ser hastra clásicos, con tal de que poñan por riba de todo o
sentimento da Terra e da Raza, o desexo coleitivo de superación, a
orgulosa satisfaición de seren galegos.
Nós ha ser un estudio piedoso e devoto, cheo de sinceridade, de
todol-os valores galegos: dos nósos valores tradicionás, e mais dos
valores novos que cada día estanse creando na nósa Terra.
Nós ha ser a representación no mundo da personalidade galega na sua ansia de s'afirmare coma valor universal, autóctono, diferenciado, dentro ou fora da Terra.
Nós ha ser a afirmación pra sempre do verdadeiro ser de Galizia, do Enxebrismo, no que ela tén, debe e quere persistire. O Enxebrismo é a nósa orixinalidade específica, a nósa capacidá de creación, o nóso autóctono dinamismo mental.
Querendo suprimir entremediarios antr'o pensamento galego e o
pensamento dos pobos cultos, Nós abre as suas páxinas a prestixiosas
persoalidades estranxeiras que contan de nos honrar co'a sua
colaboración e tamén ha informar ó púbrico galego do movemento das
ideias no mundo civilizado.
Nada mais.
Nada mais.
E, ós que s'asombren da nósa confianza, da nósa firme ledicia ó principiar un traballo rudo, hémoslle dicir que temol-a evidencia de sermol-os o millores, os mais doados, os mais fortes; de que todal-as forzas do esprito están conosco, de que imos trunfar por sermos nós, por sermos galegos, e por teren o Tempo e o Mundo os que o piden...
Nós conta achar'agarimo e xenerosa axuda en todol-os que sintan d'iste xeito.
A todol-os que nos lean.
SAÚDE E TERRA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario