A nosa guía Cintia Riveiro explícanos as características dese lugar destacado da Costa da Morte que estabamos pendentes de descubrir nos últimos días: o Cabo Vilán.
Velaí as súas palabras:
O Cabo Vilán está situado na Costa
da Morte, máis concretamente no concello de Camariñas.Foi declarado de
Interese Nacional no ano 1933, por ser un lugar rochoso e escarpado, e
na actualidade é considerado Monumento Natural.
O faro deste cabo sinala
un dos tramos máis fermosos e perigosos da Costa da Morte e é o máis
antigo de España.
Perto do Cabo está o Cemiterio dos Ingleses, lugar onde están enterrados os homes que pereceron no navió inglés Serpent no ano 1890, que afundiu perto deste lugar un día de tormenta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario