É OUTONO NO COUREL
(Uxío Novoneyra)
(Uxío Novoneyra)
Veu o tempo morno do Outono.
Os días son tardes longas...
O aire é unha cousa...
Os días son tardes longas...
O aire é unha cousa...
Caen as follas...
Sinto unha cousa
que se pousa en min e non me toca...
Sinto unha cousa
que se pousa en min e non me toca...
Anda o vento ceibe polos eidos
con todas as ás soltas,
empreña os castiñeiros,
ripa as lousas dos teitos
e escachafoula nas portas.
Chove no monte e nas viñas.
Chove pausiño prás sombras,
chove prá baixo e prá riba.
O aire de soño en soño,
a auga pinga que pinga...
Despois de gozar unha e outra vez deste magnífico poema de Uxío Novoneyra, volvede á crúa realidade e lembrade a gratificante tarefa encomendada na sesión de hoxe: elaborar, en parellas, un novo poema respectando os inicios de cada verso.
ResponderEliminarEstá permitido escoitar a Vivaldi na súa recreación musical do outono: http://www.youtube.com/watch?v=nNH1uZetbro
Tamén podedes inspirarvos no poema titulado "As catro estacións" que o seu autor, Francisco Castro le no blog do club de lectura, na nova sección AUDIOLECTURAS: http://coristranca.blogspot.com.es/
Hoxe algúns alumnos de 3ºA xa recitamos os nosos pero estamos impacientes por que chegue o xoves para escoitar os poemas dos demais. Somos futuros poetas!
ResponderEliminarPois claro que sodes poetas! Acaso alguén o dubidaba? A ver que poemas van chegar a asomar por esta xanela!!!
ResponderEliminar