22/09/13
MAIS O OUTONO CHEGOU
Agora que é Outono, miña amiga,
miña amante e sinxela compañeira,
habémonos chegar deica a ribeira
onde a brisa deixou unha cantiga.
E que sexa Outono quen nos diga
os segredos que ten a sementeira,
como se foi espindo a carballeira
e que promesas granarán na espiga.
Nós sabémonos puros e cumpridos
ao sentirnos tan un e tan xunguidos
nesta pasiaxe lene e musical.
¿Non lembras, en Outonos xa vividos,
ao río retratar no seu cristal
os soños que coidábamos perdidos...?
Manuel María, Poemas ao Outono
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
-
Neste tempo en tránsito estacional que andamos, despedimos o verán... ... para recibirmos o outono como merece, cos versos do poeta Ma...
-
En setembro de 2011 abriamos esta casa de comunicación e encontro pedagóxico extraescolar, complementaria das aulas de lingua e literatura ...
-
Ímonos achegando a Castelao a través do teatro, concretamente á adaptación de Cousas por parte da compañía Os Quinquilláns . Grazas...
Actividades para pór en común na aula o xoves 26 de setembro previa realización individual e por escrito no caderno:
ResponderEliminar1. A quen se dirixe o eu poético?
2. Que é o que caracteriza o Outono como estación?
3. Que significa o Outono en relación ao poeta e a destinataria do poema?
4. Que composición estrófica é? Por que?