25/09/13

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS






Hoxe, 26 de setembro, celébrase o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS, unha efeméride organizada polo Consello de Europa e a Unión Europea coa finalidade de festexar a diversidade lingüística e cultural europea e promover a aprendizaxe das linguas.


Cantas linguas se falan en Europa? Podemos identificar, sen pararnos moito tempo a pensar, dez desas linguas? Só en caso de urxencia extrema, podedes consultar este enlace.

Imos achegarnos da man desta presentación a esa realidade diversa e plural que tanto enriquece o ser humano e á que nós contribuímos desde o galego.

E, finalmente, imos concluír este paseo plurilingüe coa realización desta webquest, de forma individual. A tarefa que entregaredes por escrito será a resposta á gran pregunta final.

12 comentarios:

  1. Judith Martínez26/09/13, 09:36

    é incríble a de linguas que existen e as poucas que coñecemos...

    ResponderEliminar
  2. Mercedes Queixas27/09/13, 04:03

    Por iso é tan difícil valorar e respectar algo cando non se coñece, non si? O importante desta tarefa é termos coñecido esa realidade que ás veces nos é tan nova e ter aprendido cantos milleiros de formas diferentes de construción, representación e expresión do mundo diferentes conviven nas comunidades humanas do mundo. Todas elas achegan riqueza a esa pluralidade lingüística.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Judith Martínez27/09/13, 12:57

      si, o problema é que os estatutos non recoñecen a gran maioría de linguas, cando moitas delas están morrendo e tan só se coñecen esas 6 que escoitamos nos medios de comunicación cada día...

      Eliminar
  3. Vanesa Varela27/09/13, 08:26

    Mercedes, hai un dos recursos que non vai.

    ResponderEliminar
  4. Cal? Comprobeinos agora todos e non me dá ningún problema, Vanesa. Podes reintentalo, por favor?

    ResponderEliminar
  5. Vanesa Varela27/09/13, 11:31

    Sigue sen irme Linguamon. Vive un mundo de linguas! este.Os demáis vanme perfectamente...

    ResponderEliminar
  6. Vanesa Varela27/09/13, 11:32

    Sigue sen irme Linguamon. Vive un mundo de linguas! este.Os demáis vanme perfectamente...

    ResponderEliminar
  7. Pois a ver se desde aquí vai: http://www10.gencat.net/pres_casa_llengues/AppJava/frontend/llengues_cerca_resultats.jsp?continent=1&idioma=9&llistat=1

    ResponderEliminar
  8. Vanesa Varela29/09/13, 05:47

    Segue sen ir... :( E non sei porque,e é ese so.

    ResponderEliminar
  9. Como dixeches ti Mercedes, hoxe na clase, todas as linguas son importantes pero é incríble que haxa moitas sen recoñecemento no estatuto, porque unha lingua como por exemplo a nosa no se debería de perder.

    ResponderEliminar
  10. Iria Castiñeira04/10/13, 13:27

    As linguas conséguese que perduren falándoas, valorándoas, e non deixando que que se substitúian por outras ás que se lle da máis valor na sociedade.

    ResponderEliminar
  11. Falar, escribir, recoñecer legalmente e valorar, velaí as claves que vós destes, Leti, Iria e Fátima, para que calquera lingua do mundo, e por suposto tamén a nosa, escriba o seu futuro. Agora somos nós os protagonistas do capítulo da historia que dentro dun tempo se contará e das decisións que tomemos dependerá ese futuro.

    ResponderEliminar

DESPEDIDA